Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco mozos detidos, catro deles redondeláns, polo roubo nunha vivenda en Cesantes

RR_Noticias

O suceso produciuse na madrugada de onte domingo, e entre os detidos hai dous menores de idade. Tentaban roubar nas inmediacións da praia da Mariña, cando foron sorprendidos por un veciño. Axentes da Policía Local e da Nacional localizáronos e detivéronos. Tamén na madrugada do sábado a policía local detivo a unha condutora de Pazos que triplicaba a taxa de alcolemia.

Os detidos polo roubo en Cesantes son cinco mozos, catro deles de Redondela: B.M.A., de 19 anos, M.F., de 18, e os menores J.C.M.A., de 15 anos e N.V.V., de 17, foron postos a disposición xudicial xunto co vigués D.C.M, de 19 anos de idade. Un veciño da zona alertou do roubo ás 05.00 horas da madrugada de onte, cando viu como varios mozos sacaban obxectos dunha vivenda. Ao verse sorprendidos emprenderon a fuxida, pero foron localizados minutos máis tarde por axentes da Policía Local e Nacional. Tres deles, os máis novos, amosaron unha actitude agresiva cos axentes cando procedían á súa detención, polo que foron reducidos. Resultaron feridos leves varios axentes e tamén os detidos, que foron atendidos no Centro de Saúde. Logo foron postos a disposición xudicial.
Detención por alcolemia
Unha veciña de Pazos de Borbén, de 33 anos, foi detida na madrugada do sábado na Avda. Mendiño. A condutora, B.M.A., fixo varias manobras antirregulamentarias e foi sometida á proba de alcolemia polos axentes da Policía Local. O resultado da proba foi de 0,69, case o triplo da permitida ó volante, que é de 0,25. Por este motivo foi detida e posta a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará