Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paro baixa en xullo en Redondela en 90 persoas, pero medra case en 200 no último ano

RR_Noticias

Os datos do pasado mes deixan no noso municipio 2.838 parados, son 90 menos que no mes de xuño. Con todo a comparativa co ano 2011 é negativa, xa que hai doce meses os parados eran 2.642, un total de 196 persoas menos. A tendencia é a mesma no resto da comarca, con caídas no paro con respecto ó mes pasado, pero con máis desempregados que en xullo do ano pasado.

No caso de Soutomaior o paro descendeu en 40 persoas, cun rexistro de 889 desempregados (por 2.929 que se rexistraban en xuño). Con todo, segue a haber 81 parados máis que hai un ano, cando os demandantes de emprego eran 808. En Pazos de Borbén o paro baixou en xullo de 424 a 438 persoas (-14), pero son máis que en 2011, cando rexistraban 378 desempregados. O mesmo acontece en Fornelos de Montes, con 244 parados en xullo, 6 menos que en xuño. Os datos son tamén peores que hai un ano, cando rexistraban 235 parados.
A situación é a mesma que no conxunto de Galicia, onde o paro baixou en 9.005 persoas o pasado mes, pero medrou en 37.198 con respecto ós datos de hai un ano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará