Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pedirá no pleno que o Concello compense a perda de poder adquisitivo dos funcionarios

RR_Noticias

Os recortes aos empregados públicos serán un temas a tratar na próxima sesión plenaria da corporación redondelá. O Bloque pedirá o apoio do resto dos grupos para rexeitar os recortes nos salarios dos funcionarios e pedirá ao goberno local que os compense para evitar caídas no consumo e a economía locais.

Deste xeito as do Goberno central volven protagonizar tamén a polícita local. No próximo pleno, a finais deste mes de agosto, o grupo municipal do BNG presentará unha moción na que critican os recortes impostos polo Executivo de Rajoy que, ó seu entender “provoca un agravamento da crise económica e a perda de empregos”. Os nacionalistas falan en concreto do Real Decreto-Lei 20/2011, do 13 de xullo, que segundo denuncian “reduce a retribución e os dereitos laborais para os empregados públicos e reduce as prestacións por desemprego e as axudas á dependencia”. Afirma o BNG que a redución salarial sobre as persoas traballadoras, entre elas as do sector público, non contribuirá á reactivación económica, senón que “restará capacidade adquisitiva á maior parte da poboación co que se resente o consumo e a actividade económica local”. Por estes motivos o grupo municipal do BNG solicitarán no próximo pleno o apoio do resto dos grupos para que a corporación rexeite as medidas reguladas polo Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo e que se evite que os empregados públicos perdan poder adquisitivo, porque tería un efecto negativo na economía redondelá e que se compensao tecido económico local. No caso dos funcionarios do Concello de Redondela pedirán que o goberno local “compense” esa perda do poder adquisitivo dos traballadores, instando á Alcaldía a que adopte as medidas necesarias.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará