Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Discapacitados do CAMP de Chapela foron desaloxados por un incendio

RR_Noticias

Un lume que comezou nun colchón obrigou esta madrugada a desaloxar aos 40 residentes do segundo andar do Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Chapela, no barrio de Parada. Foi o propio vixiante do centro o que desaloxou ós usuarios, o que evitou danos persoais.

Todo apunta a que o lume foi intencionado, logo de que alguén prendese lume no colchón dunha habitación ás 00.45 horas. O vixiante reaccionou a tempo e desaloxou a todos os dos cuartos ubicados nesa planta, para logo reunilos no patio. Logo, con dous extintores sufocou as lapas do colchón. Grazas a esta actuación tan só se rexistraron danos materiais no cuarto no que se produciu o incendio. Ao lugar do suceso desprazáronse efectivos da Policía Nacional, Policía Local e os bombeiros de Teis, aínda que cando chegaron o lume xa fora sufocado. Logo procederon a ventilar as instalacións durante máis dunha hora para os usuarios puideran volver a entrar sen perigo.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará