Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Verticalia logra a vitoria no Mundialito da Xunqueira

RR_Noticias

A final disputada o sábado rematou con vitoria de Verticalia por 3-1 sobre Agrocar. En terceiro lugar clasificouse Vimar logo de vencer no encontro disputado ante Redontur por 2 tantos a 1. Dende a organización, Juan Manuel Nogueira valora moi positivamente un torneo no que participaron máis de 300 xogadores e que se desenvolveu sen incidencias salientable e con moita deportividade. O relevo é agora para os pequenos con partidos durante todo o mes de agosto.

O gran vencedor do torneo disputado durante todo o mes de xullo na pita da Xunqueira foi o equipo Verticalia, quen logrou imporse na final disputada o sábado onde venceron por 3-1 ao segundo clasificado o equipo Agrocar. Ademais os xogadores de Verticalia fixéronse co trofeo á deportividade, foron o equipo menos goleado en todo o torneo e un dos seus xogadores, Albert Pérez recibiu o galardón ao máximo goleador. Dende a organización destacan tamén outro nome propio, o de Francisco González de Agrocar que se fixo co trofeo ao mellor xogador. A partir de hoxe luns na pista da Xunqueira continúa o deporte aínda que neste caso os protagonistas son os máis pequenos co torneo de promesas, que se xogará durante todo o mes de agosto.  

Juan Manuel Nogueira. Mundialito da Xunqueira
Unha XXXVIII edición moi positiva
Verticalia venceu na final
Un equipo que amosou un bo xogo durante todo o certame
Quenda para os cativos
O fubito continúa pero agora cos máis pequenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará