Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondeo supón un incremento de 10 céntimos na AP-9 entre Redondela e Vigo

RR_Noticias

Circular por autoestrada entre Rande e a cidade de Vigo suponlle aos condutores un gasto de 85 céntimos por traxecto. Un incremento que supera amplamente o 7’5% de incremento que a concesionaria Audasa ven de aplicar nas súas tarifas, xa que os condutores que realizan este traxecto teñen que abonar dez céntimos máis respecto do prezo anterior que ascendía a 75 céntimos de euros.

A estrea das novas tarifas de peaxes na AP-9 foi acollida con numerosas queixas por parte dos condutores galegos que en xeral e dende a xornada de onte teñen que asumir unha suba de prezos dun 7,5%.
Unha porcentaxe moito maior é a que teñen que asumir os condutores que circulan por autoestrada entre Redondela e Vigo, xa que coller a  AP-9 en Rande subiu dez céntimos, pasando de 75 a 85 céntimos.  E a partir de setembro a peaxe será aínda máis cara, xa que está previsto que a concesionaria aplique o incremento do IVE que pasará do 18 ao 21%.
A suba de tarifas aplicada onde responde á supresión do Ministerio de Fomento da compensación ás empresas concesionarias de autoestradas que tiña aprobado o goberno de Aznar no ano 99. En base a esa eliminación, Audasa, que xestiona a AP-9 en réxime de concesión publicaba onte esas novas tarifas que supón por exemplo que entre A Coruña e Santiago a pexa teña aumentado ata os 5’90 euros e entre Santiago e Pontevedra 5’05. O tramo entre Pontevedra e Vigo pola súa banda supón o abono de 3’4 cando antes os condutores pagaban 3’15.
 Un condutor que decida circular dende a Coruña a Vigo po autoestrada deberá pagar 14’35 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará