Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un incendio nunha zapatería na praza da Farola mobiliza a bombeiros, Grumir e Policía Local

RR_Noticias

O incendio producíase ao redor das onde da mañá do mércores na zapataría Brillante que se atopa na praza de Ribadavia, coñecida popularmente como praza da Farola, e segundo todos os indicios o lume debeuse a un cortocircuito nunha máquina que manexaba o propietario do negocio.

Os bombeiros tardaron case tres horas en completar a extinción do lume no que colaboraron tamén axentes da Policía Local e do Grumir de Redondela que se personaron no lugar para tratar de sufocar o incendio, unha labor na que xa estaban a traballar algúns veciños da zona. O abundante fume que saía do negocio e a mobilización dos servizos de emerxencia levantaron unha gran expectación entre os veciños e viandantes que pasaban polo lugar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará