Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os I xogos agro-olímpicos celébranse no marco da V edición da Festa do Viño da Casa de Saxamonde

RR_Noticias

O días 21 e 22 de xullo na área recreativa Chan das Pipas non faltará o viño, a gastronomía nin tampouco a diversión enxebre grazas á celebración das “I agro olimpiadas de Saxamonde” que desenvolverán probas nas modalidades de arrebolamento de legón, circuíto de carretilla e o transporte de sacos de patacas.

Esta fin de semana celébrase en Saxamonde unha nova edición da Festa do Viño da Casa coa participación de cinco produtores domésticos da zona. Calquera persoa que queira poderase achegar para degustar os viños e acompañalos de empanada, churrasco, polbo e tortilla. Co obxectivo de dinamizar a parroquia, o Centro Cultural celebra esta cita gastronómica coa que queren tamén poñen en valor a elaboración do viño e ofrecer posibilidades de lecer, ao tempo que potencian os elementos de identidade propia. Nesta edición a Festa do Viño da Casa incorpora á súa programación novos elementos ao tempo que consolida propostas doutros anos. Como novidades, destaca a celebración dos I xogos Agro-olimpicos de Saxamonde. Un evento que, mediante diferentes probas relacionadas co mundo labrego, pretende ofrecer un momento de diversión e mostra de destreza dos participantes. Tres modalidades diferentes que se xogarán na tarde do domingo: o arrebolamento de legón, un circuíto de carretilla e o transporte de sacos de patacas, que contarán ademais con enxebres premios para os gañadores en cada unha das probas. A segunda das novidades desta edición é a exposición do Concurso “Foto Furancho 2012”. Unha iniciativa para promover a arte da fotografía e recoller en instantáneas momentos e experiencias de furanchos da parroquia. Coa colaboración da tenda de fotografía Cal-3, o Centro Cultural outorgará premios ás mellores fotografías. Unhas actividades que se veñen engadir a programación de anos anteriores, con apertura das casetas de degustación o sábado a partir das seis da tarde e as actuacións musicais das Pandereteiras Arela de Saxamonde e a charanga de Os Quíntelas a partir das 20:00 horas. O domingo a apertura das casetas terá lugar xa pola mañá ás 11:30 e as dúas terá lugar o III Concurso-degustación de Receitas ao Viño no que poden participar todos os que o desexen. Logo do xantar popular celebraranse as agro-olimpiadas e ao rematar haberá xogos populares así como o tradicional partido de solteiros/as contra casados/as.  

Anxo Manuel Lorenzo comisión de festas
Fálanos das probas que se van disputar na I agro olimpiada de Saxamonde
Eva Monteagudo Foto furancho 2012
As mellores imaxes terán premio
Concha Crespo previsións
Esperan continuar incrementando o número de visitantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará