Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Demandan un servicio de actividades nas fins de semana para loitar contra o consumo de drogas

RR_Noticias

Esquerda Unida demanda un programa estable de actividades nos pavillóns de Redondela nas fins de semana co obxectivo de lle ofertar á mocidade da vila alternativas de lecer e deporte nas noites de venres e sábado. Entenden dende esta agrupación política que un programa de “noites vivas” sería o máis axeitado para loitar contra o consumo de drogas.

Esquerda unida asegura ter constatado un “espectacular aumento de consumo de drogas, sendo este consumo maior que o detectado noutras localidades con máis poboación”. Segundo os datos que manexan é especialmente preocupante “o elevado índice de menores” destacando o consumo de speed coñecido popularmente co nome de cristal, unha metanfetamina que produce euforia e excitación, pero destrúe o cerebro coa mesma  velocidade que actúa no corpo, producindo a suspensión da conciencia e a noción dos riscos, aparte dunha gran adición.
Como xeito de ofertar aos mozos da vila alternativas saudables de lecer e deporte, esta formación propón a “creación do sevizo noites vivas nas dependencias e pavillóns municipais nas noites de venres e sábado orientadas á mocidade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará