Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Simón acolle dúas xornadas do Sinsal con cartel secreto

RR_Noticias

A décima edición do Festvial Sinsal celebra os vindeiros días 24 e 25 de xullo dúas xornadas de concertos que se van desenvolver na Illa de San Simón. Non se coñece que artistas se subirán ao escenario nesas datas, unha incógnita que non desanima aos afeccionados á música en directo que practicamente esgotaron xa as entradas.

O pouco que se coñece é que o Sinsal de San Simón nas dúas xornadas consecutivas contará coa presenza de once grupos, nove deles estranxeiros, en catro palcos. En canto aos desprazamentos, está previsto que se habiliten aparcadoiros en Cesantes para todos os que acudan a este porto para coller algún dos barcos que trasladará ao público a San Simón e haberá tamén autobuses gratuítos desde Vigo.
O prazo das entradas é de 30 euros en venta anticipada, 35 euros entrada normal e 15 euros é o que terán que pagar os nenos de 7 a 14 anos, mentres que os menores desa idade poderán acceder de xeito gratuíto. Uns tikets que se poden retirar no enderezo electrónico http://www.ticketea.com/festival-sinsal-audio
As entradas dan dereito á viaxe en barco e ao acceso aos concertos que se desenvolverán en diferentes espazos da illa (no peirao de pasaxeiros, paseo dos buxos e Illa de San Antón) en horario de 12:00 a 21:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará