Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente inviste 10.000 euros na recuperación do río Fondón

RR_Noticias

A actuación desenvolvida pola Concellería que preside Miguel Angel Alvarez Ballesteros consistíu na adecuación, limpeza e equipamento dun treito do río, faciltiando así o acceso aos veciños e dotando ao lugar dunha serie de paneis que permiten coñecer a biodiversidade e características naturais do espazo.

A Concellería de Medio Ambiente investiu preto de 10.000 € na adecuación, limpeza e equipamento dun treito do río Fondón que se atopaba en moi malas condicións de accesibilidade. O investimento incluíu a adecuación dos accesos con rampas de pedra e madeira tratada; a mellora na seguridade coa colocación de pasamáns e varandas de madeira; a limpeza da canle; e o equipamento con balizas e paneis interpretativos nos que se representan os principais valores naturais deste río.
Unha actuación que pretende dar a coñecer, segundo dixo o edil Miguel Angel Alvarez, a importante biodiversidade da zona xa que “o bosque de ribeira que mantén o río Fondón é un dos ecosistemas naturais máis representativos de Galicia”. A Aula da Natureza Aberta ten como obxectivo principal axudar a coñecer e valorar ese ecosistema motivo polo que se procedeu á instalación de pequenos paneis que informan da biodiversidade e características da natureza deste espazo húmido, onde destacan o amieiro (Alnus glutinosa) e o salgueiro (Salix atrocinerea), entre as máis de 18 especies de árbores e arbustos, e 56 especies de pequenas plantas e fentos, como a cabriña (Davallia canariensis). Entre as especies animais que alí habitan podemos atopar o ouriol (Oriolus oriolus), co seu potente chío afrautado e melodioso, e a ra patilonga (Rana iberica), especie endémica do noroeste peninsular.
Os veciños de Chapela inauguraron xa esta nova Aula da Natureza Aberta do río Fondón cunha andaina popular celebrada o pasado dia 8 de xullo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará