Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O equipo de balonmán de Chapela queda sen patrocinador

RR_Noticias

Logo de dúas tempadas co patrocinio da empresa Construcciones Paraxe, o balonmán de Chapela queda sen este apoio. A firma construtora confirmou ao club de Primeira nacional que preside Manuel González Soto o fin da relación que supón unha diminución na entrada de ingresos para o club redondelán.

Un soporte económico que o equipo de Chapela terá agora que suplir coa procura de novos sponsors. Soto confía en que a alta calidade deportiva do club, que este ano se proclamaron campións da Primeira nacional e que a piques estiveron de ascender de categoría, lles serva para atraer novos patrocinadores.
No estrictamente  deportivo, o club de balonmán traballa xa na próxima temporada. O obxectivo é manter o bloque, que seguirá baixo a batuta do adestrador Fran Teixeira, e incorporar algún xogador do equipo de Territorial. Está previsto que se reforcen con catro fichaxes: un porteiro, un extremo e dous primeiras liñas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará