Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A procesión do dragón vencido, un dos 50 lugares máxicos de Galicia para Carlos Fernández

RR_Noticias

No último dos seus libros publicados “50 lugares mágicos de Galicia”, o xornalista, escritor e editor Carlos G. Fernández fai un percorrido literario e fotográfico por medio cento de lugares máxicos da nosa comunidade, e nese percorrido non se esquece de Redondela, unha vila que ao seu entender merece estar nesta escolma grazas a súa lenda da Coca.

Un libro no que se percorre a xeografía galega a través dos seus ritos e lendas. Os ofrecidos no interior do ataúdes en Santa Marta de Ribarteme, o lanzamento de pedras contra o mal de ollo en San Cibrán de Tomeza, as rochas, postes e lugares que favorecen a procreación ou o río do esquecemento en Xinzo de Limia, son tan só algúns dos medio cento de lugares que Carlos Fernández recolle neste texto no que se relatan mitos e crenzas populares. O libro de feito divídese en diferentes apartados. No primeiro percórrense lugares onde segundo a tradición se teñen “producido milagres e prodixios que escapan á comprensión”. A continuación fálase de lugares que manteñen relación con antigos cultos e completan o libro algunhas das romarías máis exóticas de Galicia así como un percorrido polas lendas míticas das principais cidades. E é aquí precisamente onde atopamos referencias á Coca de Redondela baixo o título “la procesión del dragón vencido”. Carlos Fernández convida aos lectores a visitar o noso concello nos días do Corpus e coñecer así como o mal escenificado na figura do da Coca é vencido polos veciños da vila que o celebran coa tradicional danza das espadas e as penlas. O libro complétase cunha exposición fotográfica que está tamén a percorrer diferentes vilas da comunidade. O obxectivo de Carlos Fernández é traer tamén esas imaxes ao noso municipio  

Carlos G. Fernández escritor e xornalista
Explica o motivo de incluir Redondela no libro
Exposición fotográfica
O libro complétase con numerosa documentación gráfica

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará