Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Cedeira por cuadruplicar a taxa de alcol permitida ao volante

RR_Noticias

Os feitos producíronse á 1:40 da madrugada de hoxe cando os axentes da policía Local, que estaban a desenvolver un control preventivo na Praza de Ribadavia, apreciaron síntomas de alcoholemia no condutor dun vehículo Fiat bravo. Logo de darlle o alto e efectuarlle a proba correspondente os resultados foron inequívocos, xa que o home presentaba un índice de 0’90.

O test de alcoholemia que se lle praticou deixou un resultado de 0’93 e 0’86 miligramos pro litro de aire expirado, catro veces máis do permitido, polo que o condutor S.J.F.S. de 48 anos de idade, natural da Coruña pero residente na parroquia redondelá de Cedeira, foi detido e posto a disposición xudicial por un presunto delito contra a seguridade vial.
O vehículo quedou retido nas dependencias da Policía Local e o seu condutor foi trasladado á comisaría da Policía en Vigo. Enfróntase a unha sanción que podería conlevar a retirada do carné de conducir.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará