Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colexio de farmaceuticos rexeita manter unha farmacia de garda en Chapela os 365 días do ano

RR_Noticias

O decreto que regula os horarios, quendas de urxencia e vacacións das farmacias establece que os concellos entre 30.000 e 70.000 habitantes contarán cunha única farmacia en servicio de urxencia diúrno e outra en servicio nocturno, polo que o servicio está garantido coa distribución das quendas entre as doce oficinas de farmacia existentes no concello, segundo explica a presidenta do organismo, Alba Soutelo. O colexio farmaceutico comprométese a facilitar aos centros de saúde as quendas para a súa explicación pública.

O Colexio Oficial de Farmaceuticos de Pontevedra responde así ás demandas do concello de Redondela que no pleno do pasado mes de marzo, e a instancias da Agrupación de Electores, acordara trasladar a este organismo unha petición formal para  que se dotase a parroquia de Chapela dunha farmacia de garda durante todo o ano mantendo outra no resto das parroquias do municipio.
Unha demanda que non se fará efectiva xa que segundo explica a presidenta do Colexio, Alba Soutelo, a normativa ao respecto establece que en localidades do tamaño de Redondela disporase dunha oficina de farmacia en servicio de urxencia diúrno e outra en horario nocturno, “distribuíndose as quendas de urxencia entre once das doce oficinas de farmacia abertas no municipio e que están ubicadas no casco urbano e nas parroquias de Chapela, Cedeira, Reboreda e Cesantes a pesar de que o Punto de Atención Continuada está ubicado no centro urbano”.
Subliñan con todo que a atención farmaceutica en Chapela conta cunha boa cobertura tendo en conta que as “oficinas de farmacia abertas na zona fano en horario de luns a venres durante 12 horas”.
No que atinxe á información sobre as farmacias en quenda de urxencia o Colexio comprométese a facilitar a información aos centros de saúde de Redondela e Chapela para a súa exposición pública, tal e como tamén se lle solicitara dende o pleno.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará