Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A chegada do verán reduce o número de desempregados na comarca

RR_Noticias

Redondela é o concello que experimenta un mellor comportamento con 80 parados menos o que fai que a cifra de persoas anotas nas listas do INEM caia por baixo das tres mil, situándose concretamente en 2.928 desempregados. En toda a comarca atoparon emprego no pasado mes de xuño un total de 124 persoas.

Se en toda Galicia os contratos de verán reduciron o paro en 7.405 persoas, na nosa comarca o balance foi tamén positivo con 124 persoas menos anotadas nas listas do paro. Nos catro concellos logrouse unha reducción que foi máis acusada en Redondela onde os 80 novos contratos permiten pasar do 3.008 desempregados de hai un mes a 2.928 segundo os datos da Consellería de traballo correspondentes ao peche do mes de xuño.
En Soutomaior a redución foi de 23 persoas, con 929 anotadas na actualidade nas listas do INEM mentres que en Pazos de Borbén son 438 persoas as que se atopan en situación de busca de emprego, 14 menos que no mes anterior. Tamén mellora o dato en Fornelos de Montes aínda que en menor medida. Foron sete as persoas que se deron de baixa situándose o cómputo total en 250.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará