Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello solicita o saneamento integral da ría e a supresión inmediata de todos os plans de recheo

RR_Noticias

Estes son tan só dous dos sete acordos adoptados por unanimidade de todos os grupos políticos presentes na corporación municipal a instancias da Plataforma en defensa da Enseada de San Simón.

O documento, que foi debatido no último pleno ordinario, contempla tamén trasladar a Xunta de Galicia a necesidade de dotar de estación depuradora todos os núcleos de poboación e, en especial, poñen en funcionamento de xeito urxente a nova depuradora de Vigo. Por outra banda solicitarase a desafección de todo o litoral da Enseada dependente da Autoridade Portuaria de Vigo e o traslado progresivo das fabricas situadas no litoral a polígonos industriais así como a elaboración, aprobación e posta en práctica do regulamento da protección da Enseada como espazo da Rede Natura 2000. Finalmente a Plataforma co apoio da corporación solicita a protección e recuperación progresiva do patrimonio histórico, arqueolóxico subacuático e terrestre e a constitución dun consello provisorio de Rede Natura-Enseada de San Simón integrado por representantes das distintas forzas políticas e sociais. Unhas demandas que trasladaba ao pleno o secretario da confraría Anxo Lusquiños Todos os grupos amosaron a súa conformidade coa petición subliñando ademais a necesidade de protexer un espazo que a día de hoxe da traballo a un número importante de redondeláns, que viven ben da pesca ou ben do marisqueo.  

Anxo Lusquiños Plataforma
Os membros da Plataforma piden a adopción de medida de cara a recuperar a enseada
Cecilia Pérez BNG
Os nacionalistas lembran que do mar viven moitas familias
Luis Orge PSOE
Loa o carácter conciliador da moción para lograr así a unanimidade
Alberto Pazos PP
Os populares aseguran que sempre pedirán á Xunta que cumpra coas súas obrigas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará