Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP asegura que se están a controlar os traballos nas obras do AVE

RR_Noticias

O edil Alberto Pazos, en contestación a unha demanda da Agrupación de Electores de Redondela, asegura que se están a realizar xestións de control dende a administración local de cara a garantir que as obras do AVE que se están a facer en diferentes puntos do municipio afecten na menor medida do posible aos veciños das zonas afectadas.

A demanda chega dende AER, agrupación que asegura ter recibido numerosas queixas, procedentes na súa maior parte de veciños residentes na parroquia de Negros, de que se están a realizar traballos nas obras do tren de alta velocidade logo das oito da noite, hora límite que se establece para a conclusión dos traballos de cara a garantir o descanso nocturno. O edil Jorge Varela Chopi reclama ao concello que se incremente a vixilancia e que no caso de incumprimento se apliquen as sancións correspondente que van dos 9.000 ao 60.000 euros. En resposta a esta demanda, Pazos asegurou que xa se están a realizar esas tarefas de control e que non se están a producir incumprimentos.  

Alberto Pazos PP
Os populares aseguran que se están a controlar as obras do AVE para evitar que se cometan incumprimentos
Jorge Varela Chopi AER
As queixas débense a que os traballos continúan logo das 20:00 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará