Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela instará á Xunta a suprimir o canon da auga

RR_Noticias

A proposta, que partiu da Plataforma pola derrogación da lei de augas, contou co apoio dos grupos da oposición que ao votar conxuntamente en bloque a favor da moción lograron esquivar a negativa do PP. Deste xeito o Concello comprométese a trasladar ao goberno da Xunta a súa petición para que non aplique o canon da auga.

De aplicarse o canon, veríanse afectados os recibos dos veciños que a día de hoxe os veciños pagan á empresa concesionaria Aqualia pero tamén os beneficiarios das comunidades de augas, motivo polo que á Plataforma pola derrogación da lei de augas trasladaba ao pleno un manifesto no que se denuncia o suposto carácter privatizador da lei que suporá segundo denuncian “deixar en mans de empresas privadas un ben público como é  auga”. No mesmo sentido se manifestaban os grupos da oposición. O voceiro de AER, Jorge Varela “Chopi” facíao cun contundente “dentro de pouco vannos cobrar incluso polo aire”. Máis concreta era a protavoz do BNG, Cecilia Pérez Orge, quen reincidía no carácter privatizador e recadatorio da norma e criticaba que en ningún caso se recollan medidas de cara a promover o consumo sostible e o uso racional da auga. Aseguran ademais os nacionalistas que a lei, lonxe de recoller a premisa de “que sexa o que máis contamina o que máis paga” penaliza en maior medida o uso doméstico e non o consumo industrial. En sentido semellante se manifestaba Luís Orge. Entenden no PSOE que se trata dunha lei claramente recadatoria que evita falar de medidas de aforro e consumo responsable. O PP rexeitaba os argumentos postos sobre a mesa , e defendía a norma aprobada polos seus homólogos no parlamento galego. O popular Alberto Pazos acusaba aos socialistas de facer un discurso demagóxico “por presentar unha moción nestes termos cando foron eles os que privatizaron a auga en Redondela”. Insistía a voceiro popular en que sen esquecer o servizos indiscutible das comunidades de augas, hai que lembrar que estas son entes privados e que non se fan cargo do custe que supón o tratamento das augas cando estas chegan aos ríos e depuradoras. Con este argumento xustificaba que tamén os seus usuarios fixeran unha pequena achega para garantir o servicio. O posicionamento en contra do PP non evitou que a moción, na que se insta á xunta a derrogar a lei de augas, saíse adiante cos votos a favor dos tres grupos que conforman a oposición  

Bea Fervenza Plataforma pola derrogación da lei
Explica os motivos que os levan a pedir a eliminación da lei
Jorge Varela Chopi AER
Critica a tendencia a cobrar polos bens públicos
Cecilia Perez BNG
Os nacionalistas critican o carácter recadatorio da lei
Luis Orge PSOE
Os socialistas botan en falta un normativa que premie o consumo sostible
Alberto Pazos PP
Os populares argumentaban o seu voto en contra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará