Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O rexistro de Redondela deixará de xestionar taxas e impostos

RR_Noticias

A decisión da Xunta de non proceder á renovación do convenio existente con estas oficinas do rexistro da propiedade en virtude do cal estes rexistros prestaban os servizos de oficinas liquidadores de diferentes taxas e impostos, obrigará aos veciños de Redondela e comarca a acudir a Vigo ou Pontevedra para realizar estes trámites relacionados con sucesións, transmisións, actos xurídicos documentados, societarios e outros. Por este motivo, BNG e PSOE solicitan ao pleno do Concello que inste á Xunta a manter o servizo.

Segundo explican dende o BNG, as persoas titulares dos Rexistros da Propiedade das vilas e cabeceiras de comarca de Galiza, agás aqueles situados nas cidades da Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago, veñen de coñecer a intención da Xunta de Galiza de non proceder á renovación do convenio que expira o 31 de decembro deste ano, en virtude do cal estes prestaban os servizos, entre outros, de oficinas liquidadoras de diferentes taxas e impostos.
A través destas oficinas liquidadoras, os diferentes Rexistros da Propiedade veñen realizando todas as xestións relacionadas con sucesións, transmisións, actos xurídicos documentados, societarios, etc., ademais da correspondente liquidación das taxas e xestións como as relacionadas coa interposición de recursos de reposición, comprobación de valores, notificacións ou requirimentos ás persoas interesadas, entre outras.
De proceder por parte do goberno da Xunta de Galiza á desaparición destas oficinas liquidadoras o Rexistro da Propiedade de vilas e cabeceiras de comarca pasarán a ser meros receptores, obrigando aos veciños e veciñas interesadas a acudir ás cidades antes citadas para realizar o resto dos trámites relacionados coa liquidación, ademais de perder o resto dos servizos que se lles viñan prestando.
Esta medida vai motivar ademais a perda de arredor 150 postos de traballo en Galiza, motivo polo que o grupo municipal do BNG solicita do Pleno que inste á Xunta a revocar a súa determinación de suprimir as funcións de oficinas liquidadoras que se realizan a través dos Rexistro da Propiedade de vilas e cabeceiras de comarcas, e a que se renoven os convenios asinados até agora.
No mesmo sentido se manifestan dende o PSOE quen esixen que se garanta que no Concello de Redondela os contribuíntes poidan cumprimentar as súas obrigas tributarias ca comunidade autónoma, cando menos con idénticas facilidades das que hoxe existen.
Un asunto que se debaterá no pleno ordinario que se celebra ás 20:00 horas de hoxe no Multiusos e no que se inclúe ademais o prego de condicións para a adxudicación do centro de deportes acuáticos de Redondela. O obxectivo é sacar a concurso a xestión da piscina de Chapela para garantir a súa apertura cando se cumpre un ano dende que as obras se deran por rematadas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará