Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Cesantes de 58 anos de idade acusado dun delito de tráfico de drogas

RR_Noticias

Foi detido pola Policía Nacional xunto con outro individuo de 52 anos e veciño de Pontevedra logo de ser interceptados ambos os dous circulando por Vilagarcía de Arousa. O veciño de Cesantes portaba no interior do seu organismo un total de 63 bolas de hachis e tivo que ser intervido cirurxicamente ao non ser quen de expulsar a droga de xeito natural.

Os axentes da Policía Nacional de Pontevedra que procederon a detención destas dúas persoas coñecían xa ao maior dos detidos por actuacións anteriores relacionadas co tráfico de drogas de Marrocos a España e estaban a realizar unha labor de seguimento cando comprobaron que o veciño de Cesantes permanecía no vehículo mentres o seu acompañante se dirixía a unha entidade médica.
O motivo era que o veciño de Redondela non era quen de expulsar as bolas de hachis que tiña no seu interior de xeito natural polo que tivo que ser ingresado no hospital de Montécelo onde foi intervido cirurxicamente para lle extraer a droga que non lograba expulsar, segundo información recollida en Eurapress.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará