Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As análises apuntan a un vertido de augas fecais como causa da morte de peixes no Alvedosa

RR_Noticias

O Concello de Redondela recibía esta semana os resultados do laboratorio encargado de analizar as mostras de auga que foron recollidas na canle do Alvedosa na tarde do día 8 de xuño, pouco despois de que apareceran mortos centos de peixes no tramo urbano do río. Uns resultados que apuntan a un vertido de augas fecais.

O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros desbota unha vez recibidos os resultados das análises, que os animais morreran a consecuencia da vertedura dalgún produto contaminante químico, hipótese que era a que se manexaba nun primeiro momento dada a altísima mortalidade de peixes, que afectou principalmente aos muxes unha especie coñecida pola súa forte resistencia.
Pola contra, os análises apuntan a un vertido de augas fecais que coincidiu coa marea baixa o que provocou que os animais morrerán por asfixia pola acumulación de materia orgánica na auga, que reduciu a presenza de osíxeno e provocou a morte dos muxes.
Con todo, o edil apunta que agora hai que esperar a coñecer o resultado da investigación levada a cabo polo SEPRONA, o servicio de protección da natureza da Garda Civil, quen recolleu mostras tanto da auga como dos animais ao día seguinte de producirse o vertido.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará