Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A música folk chega a San Simón co Fiddle Camp

RR_Noticias

Un total de 46 rapaces de idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos poderán gozar dunha completa experiencia en San Simón durante os días 9 e 15 de xullo. A Fundación Son de Seu organiza durante esa semana un Fiddle Camp, un curso de violín tradicional onde os participantes ademais de recibir aulas de violín e outros instrumentos, poderán gozar con actividades no mar, lectura e xogos. Para se inscribir pódese consultar o enderezo sansimonfiddle.blogspot.com.

O interese xerado por esta iniciativa que parte da Fundación Son de Seu é evidente, xa que cando aínda resta máis dunha semana para que se celebre o curso tan só quedan baleiras cinco das 46 prazas ofertadas. O curso, orientado a público infantil e xuvenil de entre 8 e 18 anos de idade está enfocado a alumnado que teña interese en coñecer as posibilidades do violín tradicional en particular e da música Folk en xeral. Afastándose do sistema de ensino tradicional, neste campamento a música é transmitida oralmente, prescindindo de partituras e agudizando a capacidade de retentiva musical dos rapaces, quen tras uns días na illa serán capaces de aprender unha melodía en poucos minutos. As actividades de tempo libre, coordinadas por monitores especializados, compleméntanse coas musicais. Desta maneira o campamento non pretende ser exclusivamente un curso de música senón xuntar obxectivos fundamentais: a formación musical e humana dos seus integrantes. O profesorado estará formado maioritariamente por músicos vinculados a Son de Seu. Todas e todos eles son voluntarios, o que permite reducir un 40% o custo do campamento, que será finalmente de 300€. Hai 5 bolsas destinadas a rapaces cunha mala situación económica familiar. Máis información no blog do Fiddel camp, sansimonfiddle.blogspot.com  

Anxo Pintos Son de Seu
O director da Fundación fálanos do éxio da actividade
Actividades musicais e de tempo libre
Ademais de aprender poderán gozar doutras actividades complementarias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará