Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Centro Recreativo podería botar o peche se non hai renovación na Xunta directiva

RR_Noticias

A tan só catro días de que se celebre a Asemblea Xeral prevista para o sábado ás 16:00 horas, aínda non se presentou ningunha candidatura. A actual Xunta, que preside Margot Araujo anuncia a súa dimisión e fai un chamamento para que un novo equipo asuma a dirección da entidade.

Son máis de 350 os socios que forman parte desta sociedade que carácter privado que dende hai anos é todo un referente no centro da vila. Con todo, a súa continuidade non está asegurada e dependerá en gran medida do que aconteza o vindeiro sábado cando se celebre a Asemblea na que está previsto elixir unha nova xunta directiva, iso si, haberá votación se hai candidatos porque a tan só uns días da reunión polo de agora aínda non se presentou ningunha candidatura. Unha situación que fai temer aos actuais responsables do Centro que derive no peche da sociedade no caso de que ninguén colla o relevo. Margot Araujo explicaba que se non se presenta algunha alternativa iniciarán as xestións legais oportunas que poderían abocar ao peche do centro. Entenden que é necesaria a renovación logo de 5 anos ao fronte da entidade e logo de importantes esforzos para tentar recuperar as instalacións que hai un lustro presentaban importantes deficiencias o que lles obrigou a facer obras para renovar o tellado, substituír as canalizacións dos baños e realizar outros traballos de mellora. Un esforzo económico que non impide que a día de hoxe a sociedade estea saneada “con tan só un pequeno préstamo que é asumible grazas ás achegas dos socios”. Mercedes Figueroa, membro tamén da Xunta directiva animaba a todas as persoas vinculadas dun ou doutro xeito coa entidade a animarse a realizar un traballo que a cambio dun pequeno esforzo da moitas gratificacións.  

Margot Araujo presidenta do Centro
Unha das consecuencias da falta de candidaturas podería ser o peche da entidade
Unha entidade saneada
A nova Xunta directiva atoparase cun edificio recén reformado
Mercedes Figueroa Xunta directiva
Anima a xente vinculada coa sociedade a presentar unha candidatura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará