Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arde unha casa en construción en Cedeira

RR_Noticias

Os feitos tiveron lugar na medianoite de hoxe nunha vivenda que se atopa no Camiño das Cardosas. Na extinción do incendio, que quedou sufocado a 1:50 da madrugada participaron axentes dos bombeiros de Vigo así como membros de Protección Civil de Redondela.

A casa atópase no número 15 do Camiño das Cardosas na parroquia de Cedeira e no seu interior había almacenadas pacas de herba seca, o que fixo que o incendio se propagase con rapidez, aínda que puido ser sufocado polo efectivos de Protección Civil e bombeiro de Vigo que se trasladaron ao lugar. O lume, que se iniciaba cando pasaban dez minutos da medianoite deuse por extinguido a 1:50.
A vivenda, aínda en construción pertence a Manuel Joaquín L. F. e, aínda que se descoñece a causa do incendio, todo apunta a que foi intencionado, tendo en conta que a casa non está habitada.
A consecuencia do lume o inmoble quedou danado nas placas e en diversas partes da súa estrutura.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará