Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pregunta no parlamento pola ampliación da autoestrada AP-9

RR_Noticias

A Deputada nacionalista Olaia Fernández Davila solicitaralle ao secretario de Infraestruturas información sobre a posición do goberno en relación a ampliación da AP-9, unha posición que cualifican de contradictoria xa que “o PP sempre se opuxo a esta actuación pero agora dí que vai cumprir co Real Decreto onde se establecen os criterios para a ampliación da autoestrada.

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila trasladará ao Secretario de Estado de Intraestruturas unha pregunta para coñecer a posición do Ministerio en relación á ampliación de diferentes tramos da AP-9 e, en concreto das posibles actuacións na ponte de Rande. Davila abordará este tema na Comisión de Fomento que se celebra mañá mércores.
A nacionalista critica as contradicións do PP que sempre se opuxo a esta ampliación, máis nunha recente resposta ao BNG indicou que cumpriría co Real Decreto 1733/2011 que establece os criterios para a ampliación desta autoestrada.
Será ás 16.30 horas e poderáse seguer através de www.congreso.es
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará