Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ciclo de cine a cargo do Colectivo republicano

RR_Noticias

Ao longo do mes de xuño proxectarán no multiusos da Xunqueira catro películas de temática política e social. A primeira das citas hoxe venres ás 21 horas coa cinta “O meu nome é Luís Ferrreiro” dos directores Roi Cagiao e Fernando Llor. Seguiranlle os títulos “As silenciadas”, “Voces de Mozambique” e “23”.

Ás 21:00 horas de hoxe no Multiusos da Xunqueira poderase ver a película “O meu nome é Luís Ferreiro”, un traballo no que se aborda a acción de loita antifranquista durante a ditadura a través da figura deste militante comunista nacido en 1939 e que desenvolveu gran parte da súa actividade en Vigo.
O resto das películas enmarcadas neste ciclo proxectaranse en xoves. Así, o día 14 será a quenda de “As silenciadas” de Pable Ces, unha investigación realizada pola profesora Aurora marco sobre as guerrilleiras galegas, mulleres dobremente esquecidas. Xa o día 21 o traballo conxunto de Susana Guardiola e Françoise Polo “Voces de Mozambique” achegará aos multiusos a voz das mulleres africanas que loitan diariamente por activar o desenvolvemento de África. Cinco historias que representan o ciclo da vida da muller.
O último dos títulos previstos é “23” unha cinta baixo a dirección de helena Billares que parte da noite do 23 de febreiro de 1981 e da situación e o momento que na data do golpe de estado están a vivir 23 personaxes, a que se recupera 23 anos despois para ver como foron as súas vidas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará