Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Coca esquiva a choiva

RR_Noticias

O mal tempo acompañou e o esforzo tivo que ser maior para permitir que as alfombras estiveran preparadas para recibir aos centos de visitantes que se achegaron a Redondela a gozar dos tapices florais e das Danza das Espadas e as Penlas que volveu congregar a numeroso público na praza da Constitución. O programa continúa hoxe con actividades para os pequenos na Alameda e verbena amenizada por América e Salsa Rosa.

As previsións non eran boas e non se equivocaron. O mal tempo estivo presente de madrugada e durante todo o día, pero non impediu que o programa se desenvolvese con relativa normalidade. Foi necesario refacer algunhas alfombras, pero todo esta preparado a primeira hora da mañá conforme os primeiros visitantes se achegaban á zona vella e percorrían a rúa Alfonso XII para gozar dos tapices. Tamén se celebrou a tradicional Danza das Espadas e as penlas, cuxo baile se poderá ver novamente o domingo ao mediodía As celebración arrancaban xa oficialmente na tarde do mércores co pistoletazo de saída a cargo do director da Fundación Illa de San Simón, Javier Alonso, quen aproveitaba a súa intervención dende o balcón da Casa consistorial para animar a veciños e visitantes a visita r o arquipiélago aproveitando a gratuidade das visitas con barcos dende o pantalán de Chapela e o peirao de Cesantes. A súa intervención era precedida polas palabras do Concelleiro de Cultura Alberto Pazos, quen facía fincapé na labor desenvolvida por Javier Alonso ao fronte da fundación O pregoeiro botaba man dunha historia fantástica na que se falaba de misteriosos documentos atopados na Illa de San Simón e a súa relación coa Coca. As celebración continúan hoxe con programación especial para os cativos.O balonmán volverá á rúa a partir das 17:30 na pista da Xunqueira e unha hora despois, na Alameda, o circo dos Kikolas ofrecerá o espectáculo “Los malabaristas de la calle”. A continuación a Asociación Xoeira desenvolverá o obradoiro “Fai unha coca” orientado a nenos de entre 5 e 12 anos . As 20:30 horas inaugurarase no Multiusos a exposición de fotografía “Arte efímera” de Jorge Landín. Na mostra, que recolle unha trintena de imaxes a gran formato, reflexiona sobre o carácter perecedeiro que rodea á elaboración das alfombras das festas do Corpus, verdadeiras obras de arte, que non duran máis que unhas poucas horas. A xornada rematará coa verbena amenizada nesta ocasión polas orquestras América e Salsa Rosa.  

Javier Alonso Director Fundación Illa de San Simón
o seu pregón xirou en torno a unha historia fantástica
Visitas á Illa
Aproveitou o seu papel de pregoeiro para animar aos veciños a visitar San Simón
Alberto Pazos edil de Cultura
Na súa0 presentación gabou a figura do director da Fundación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará