Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha aposta pola seguridade viaria

RR_Noticias

Os peóns e condutores que circulan pola N-550 á altura do cruce co Salgueiral agardan que se faga realidade unha vella promesa: a instalación de semáforos e pasos de peóns. Entenden que só deste xeito se pode garantir a seguridade tanto dos que deben cruzar a pé a estrada, como dos coches que teñen que incorporarse a ela en dirección á rotonda de Vilavella. No último pleno o grupo do PSOE pediu ó goberno local que faga as xestións ante o Ministerio de Fomento.

Hai anos que os veciños veñen reclamando maior seguridade viaria nesta zona da estrada nacional, que rexistra unha elevada densidade de tráfico. Ademais, desde que se habilitou o dobre carril para os vehículos procedentes de Vigo, a velocidade media que se rexistra no tramo tamén aumentou. Chicho lembra que o problema “xa é vello” e que os veciños levan anos reclamando un paso de peóns cun semáforo, e mesmo recolleron firmas que entregaron no Concello, pero “nada máis se soubo”. Carmen, que diariamente circula por esta zona para dirixirse ó traballo, entende que é “moi necesario” , porque sería máis seguro e facilitaría a circulación. O maior problema neste cruce téñeno os condutores que se incorporan á estrada nacional desde a zona do Salgueiral, e pretenden xirar á esquerda, en dirección á rotonda de Vilavella. Segundo apunta Jorge, nas horas punta, prodúcense verdadeiros “caos” de tráfico. Outra alternativa que propón este veciño, rexente dunha cafetería da zona, é a construción dunha rotonda á altura da sala Bolero. Deste xeito os coches que saian do Salgueiral e queiran dirixirse ao Porriño ou Peinador poderían facer alí o cambio de sentido. Desde o PSOE lembran que o anterior goberno xa solicitara a Fomento a instalación dun grupo semafórico, e cando se realizaron as obras para ampliar un carril máis, fíxose a preinstalación. O voceiro, Eduardo Reguera, solicitou no último pleno da corporación que o actual local retome as xestións para Fomento proceda a instalar os semáforos.  

Chicho veciño da zona
Hai anos que os veciños reclaman un paso de peóns e semáforos.
Carmen condutora
Entende que co semáforo facilitaríase a circulación na zona.
Jorge hosteleiro
Jorge fala dos problemas de tráfico que se rexistran na zona con longas retencións e accidentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará