Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os alfombristas miran cara o ceo

RR_Noticias

Levan máis dun mes traballando, primeiro recollendo as flores e posteriormente esfollando. Unhas tarefas nas que traballan ao redor de 80 persoas, maioritariamente mulleres, repartidas en tres grupos no Multiusos da Xunqueira, na rúa Isidoro Queimaliños e na rúa Ribeira. Un traballo que podería verse estragado no caso de que se cumpran as previsións meteorolóxicas que anuncian choivas para esta madrugada.

Non sería a primeira vez que acontece algo semellante e que obriga a refacer de madrugada esas alfombras que van adornan as rúas do casco vello e as principais do centro urbano. Con todo, e malia as negativas previsión, os voluntarios non descansan e estarán toda a tarde a traballar logo de varios días prolongando a xornada ata a unha da madrugada. Merchi Mouriño é unha veterana e como todos os anos fai fincapé na necesidade de que se somen novas mans ao traballo para garantir o relevo xeracional. Outra man imprescindible é a do deseñador deses debuxos que logo se plasman nas rúas. Xa a partir das catro da tarde o tráfico rodado cortarase dende a praza de Ribadavia ata o concello para permitir o pintado da rúa Alfonso XII e o seu posterior recheo. Unha das alfombras máis aplaudidas adoita ser a da praza que da acceso a Reveriano Soutullo, que este ano segundo nos confesaba o seu autor, Kiko Amoedo, representará ao lendario fundador de Redondela Xan Carallás. A xornada de hoxe, na que se poderá escoitar o pregón a cargo do director da Fundación Illa de San Simón, Javier Alonso ás 21:00 horas concluirá coa verbena amenizada pola Orquestra París de Noia. O Xoves do Corpus vivirá o seu momento álxido logo da misa na Igrexa de Santiago cando a procesión percorra as rúas decoradas coas alfombras e o posterior baile homenaxe da Danza das Espadas e as Penlas na praza da Constitución ás 13:00 horas. Pola tarde haberá citas deportivas e actividades para os nenos con Los Kikolas e a “trangallada infantil” de Cé Orquestra Pantasma. As orquestras Tango e Marbella serán as encargadas de pechar o festivo local na verbena que terá lugar na praza da Ribeira.  

Merchi Mouriño alfombrista
Lodo de semanas traballando están moi pendentes do tempo
Kiko Amoedo deseñador
Este ano un dos deseños máis chamativos será o Xan Carallás que se póderá ver na praza de Reveriano Soutullo
Alberto Pazos concelleiro de culura
O xoves Redondela vivirá o seu festivo local

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará