Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O policía local Gonzalo Amoedo recibe o galardón Lois Peña Novo

RR_Noticias

O xurado dos galardóns Lois Peña Novo deu a coñecer os premiados da súa XVIII edición que se entregarán o 27 de xuño no Castelo de Soutomaior e cos que se quere recoñecer o labor dos traballadores públicos en prol do espallamento do idioma galego.

Nesta edición recoñécese o traballo desenvolvido nos últimos anos “a favor do idioma no ámbito policial” polo funcionario da policía local no concello de Redondela, Gonzalo Amoedo López, autor ou coautor de diferentes publicacións, sendo o seu último libro publicado o título “A memoria e o esquecemento”.
Entre os galardoados atopamos tamén a obra Dicionario Xurídico Galego “polo que representa na achega ao proceso de regaleguización da Xustiza posibilitando aos funcionarios e axentes xurídicos a se familiarizar coa nosa lingua”. Finalmente recoñécese o traballo do maxistrado na Audiencia Provincial de Lugo Luís Villares Naveira “autor dunha densa biografía de estudos xurídicos, entre os que salientan aqueles referidos ao alcance do réxime da cooficialidade lingüística”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará