Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Audasa repón a malla metálica que delimita a AP-9 ao seu paso por Chapela

RR_Noticias

A Asociación de afectados pola autoestrada critica que a concesionaria se esqueza da necesidade de acometer outros traballos de mellora de maior calado. Reclámanlle a Audasa que coloque pantallas para evitar a contaminación acústica que sofren todos os veciños, principalmente os que viven ao carón da infraestrutura.

A empresa concesionaria da Autoestrada AP-9 iniciou onte os traballos de mellora e reposición da malla metálica que delimita a vía ao seu paso pola parroquia. Un aramado que segundo denunciaba o colectivo meses atrás presentaba un lamentable estado de conservación xa que “parte do aramado tiña xa 30 anos”.
Unha medida que aplauden pero que consideran é “unha tirita para a ferida ambiental e urbana que provoca a autoestrada na parroquia”. Entenden os veciños que Audasa debería acometer outras medidas de maior calado como a colocación de pantallas acústicas que mellorasen a calidade de vida dos habitantes da zona e insisten en que a día de hoxe “a infraestrutura incumpre todas as leis de contaminación acústica estatal e Europea”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará