Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os directivos de NGB comprométense cos afectados das preferentes a buscar unha saída

RR_Noticias

Membros da Plataforma de afectados da comarca reuníronse onte co Director territorial e o Director de zona da entidade para lle reclamar unha saída para todos os que “enganados” adquiriron no seu día participacións preferentes. Dende Novagalicia Banco anímanos a seguir coas súas mobilizacións e lles trasladaron o seu “apoio e interese en buscar unha saída” que garanta a devolución dos cartos aos afectados na súa integridade.

Non se produciu na reunión de onte ningún avance concreto, xa que malia o bo ambiente que se respirou no transcurso da xuntanza, na que estiveron presentes membros da Plataforma, directivos de Novagalicia Banco así como o propio alcalde, Javier Bas, os representantes da entidade aseguraron que o seu obxectivo de devolver os cartos a todos os que os teñen retidos e investidos en participacións preferentes chocan coas directrices que lles marcan dende Bruxelas e dende o Banco de España, directrices que teñen que respectar por tratase dunha entidade intervida. Unha situación que aínda podería complicarse un chisquiño máis, xa que está previsto que antes dunha semana se decida o futuro da entidade galega, isto é, se segue en solitario ou se é absorbida por outra entidade, o que faría minguar aínda máis o seu poder de decisión. Ante esta complexa situación a Plataforma de afectados continuará coas mobilizacións e lembra a todos os propietarios de preferentes que deben presentar dúas reclamacións, unha na propia oficina de Consumo en Redondela e outra no servicio de atención ao cliente da entidade na que adquiriron o produto.  

Carlos Igrexas Plataforma de afectados
Os directivos de NGB amosaron o seu apoio aos afectados
Futuro da entidade
Nunha semana saberase si NGB segue en solitario ou é comprada por outra o que podería supoñer cambios
Recomendacións
Facer dúas reclamacións en Consumo e na propia entidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará