Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela oponse aos recortes no ensino

RR_Noticias

A oposición fixo valer a súa maioría no pleno e logrou sacar adiante, malia os votos en contra do PP, unha moción conxunta de PSOE e BNG na que ambos os dous grupos solicitaban o apoio do resto da corporación para se manifestar en contra dos recortes aprobados polo goberno de Mariano Rajoy e en defensa do ensino público.

Uns recortes que segundo defenderon socialistas e nacionalistas van supoñer un empeoramento notable no ensino “ao diminuír o número de profesorado nos claustros e incrementarse o número de alumnos por aula”, factores que provocan unha peor calidade na educación. A voceira do BNG, Cecilia Pérez Orge lembraba ademais que mentres se producen importantes recortes no orzamento dedicado ao ensino o goberno “non dubida en inxectar milleiros de millóns de euros para sanear entidade financeiras privadas”, algo que cualificou de “verdadeiro escándalo”. O PSOE falaba tamén das negativas repercusións que os recortes van ter nun sector básico como é o ensino e apuntan que o obxectivo do PP é introducir unha ideoloxía neoliberal encamiñada a que “sanidade e ensino privado vaian cada vez mellor en detrimento do público”. Aseguraba ademais Eduardo Reguera que en Galicia os recortes veñen de antigo, xa que na comunidade “botáronse á rúa nos últimos anos máis de 2.000 docentes”. O PP acusaba aos grupos da oposición de “repetir clichés e ir ao debate fácil que se presta á aprobación do público”. Contestaba Alberto Pazos ás críticas do BNG asegurando que o goberno estatal non lle regala nada a Bankia e que os cartos destinados en salvar a entidade serven para nacionalizala. Aseguraba ademais que en Galicia “as medidas aplicadas con anterioridade polo goberno de Núñez Feijoo, evitarán aplicar eses novos recortes”. Finalmente acusaba o PP aos grupos da oposición de falar de privatizacións “cando en Redondela se encargaron de privatizar todos os servizos mentres estiveron no goberno”. AER amosou o seu apoio ás mocións e criticoulle ao PP que agora defendan os recortes argumentando que a actual situación de crise obriga a implementar esas medidas, cando no 2008 criticaban ao bipartito pro aplicar recortes semellantes. O PP escusábase asegurando que a situación hai catro anos non era tan crítica como a que estamos a atravesar na actualidade.  

Cecilia Pérez Orge BNG
Criticas ás políticas do PP en ensino
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas critican que beneficia o ensino privado en detrimento do público
Alberto Pazos PP
Os populares aseguran que os recortes son necesarios e non prexudiciais
Jorge Varela Chopi AER
A agrupación de electores lembra como no seu momento o PP tamén estaba en contra dos recortes
Alberto Pazos PP
Asegura o popular que a situación actual é moito peor que a vivida no 2008

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará