Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco terá que remontar a eliminatoria co Boiro en Santa Mariña

RR_Noticias

A derrota en Boiro por 1-0 complica as opcións dos redondeláns na promoción á Terceira División. Con todo, as circunstancias de terceiros equipos benefician ós de Jacobo Montes, xa que a renuncia de Montañeros a xogar na categoría deixa outra praza libre. Pero todo pasa porque Alondras ou Cerceda suban. Para ter as máximas opcións fan un chamamento ós afeccionados para que acudan a Santa Mariña a arroupalos e poder darlle a volta á eliminatoria.

O Choco comezou con moitas opcións, pero non tiveron acerto de cara á portería rival. Logo foi o Boiro o que dominou ó Choco, pechando ós redondeláns no seu campo. Chegaron ó descanso co marcador a ceros, e logo do descanso o Choco volveu tomar a iniciativa, gozando dun man a man de Caloi ante Javi, no que o porteiro do Boiro se luciu cunha boa parada. E uns minutos despois, no 54, adiantouse o Boiro, con gol de Finiño. Co marcador a favor, o Boiro rebaixou a intensidade do seu dominio e o Choco equilibrou o partido, ampliando a súa posesión de balón pero sen chegar a xerar ocasións claras para marcar. E o domingo o Choco está obrigado a darlle a volta ó marcador en Santa Mariña para manter opcións de ascender, sempre que os resultados das outras categorías os favorezan. De feito mesmo podería darse o caso de que os dous equipos o fagan, independentemente o resultado da eliminatoria. O abandono do Montañeros, que se retira da Terceira, dá máis esperanzas ós redondeláns. A praza dos coruñeses salva do descenso ó equipo de As Pontes. E agora o futuro do Choco pasa polo que fagan Cerceda e Alondras. Se os dous ascenden a Segunda B, tanto os redondeláns como o Boiro terán praza en Terceira. Se só sobe un deles, unicamente habería praza para o gañador da eliminatoria, que polo de agora está a favor do Boiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará