Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Coca arranca con visitas gratuítas a San Simón e a celebración do Día de Xan Carallas

RR_Noticias

Dende hoxe e ata o 10 de xuño todos os que o desexen poden visitar de xeito gratuíto a Illa de San Simón previa reserva na oficina de turismo ou no enderezo www.redondela.es. Esta é a principal novidade dunhas festas que arrancan tamén nesta fin de semana coa celebración do Día de Xan Carallás o vindeiro domingo.

O lendario fundador de Redondela será o protagonista este domingo das actividades que se celebren no centro da vila e que serven de antesala ás festas da coca que vivirán na vindeira semana os seus días grandes. As tradicionais bombas de palenque anunciarán ás doce do mediodía o desfile enxebre de Xan Carallás nun carro típico do pais que percorrerá o casco urbano acompañado de diferentes grupos folclóricos que serán os encargados de amenizar a mañá coa súa música. Os organizadores repartirán gratuitamente entre os veciños viño e rosquillas.
Ás 12:30 horas terá lugar na Casa da Torre a presentación do libro “Xan Carallás de Redondela. El Mito. La figura. La orden” do historiador, José Antonio Martínez Crespo. A continuación os membros da Orde de Xan Carallas celebrará unha comida no Convento de Vilavella.
Visitas a San Simón
Por outra banda, todos os que o desexen poderán achegarse de xeito gratuíto a Illa de San Simón con embarque en Cesantes e Chapela. As saídas serán ás doce do mediodía e as catro da tarde dende hoxe venres ata o domingo día 10 (agás luns e martes) e é preciso facer unha reserva previa ben no enderezo www.redondela.es ou na oficina de turismo no teléfono 986 401713.
Rematadas as festas a travesía a illa continuará sendo gratuíta aínda que todos os que desexen coñecer San Simón deberán abonar unha entrada de entre 3 e 5 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará