Hoxe é Domingo 2 de Abril de 2023
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os consellos parroquiais de Vilar, Saxamonde e Negros comezarán a traballar no prazo dun mes

RR_Noticias

Así o confirmou a Concelleira de Participación Cidadá, Erminda Quella no pleno celebrado onte, no que compareceu a petición do BNG para dar explicacións de por que aínda non se constituíran estes órganos consultivos malia que así se acordase nun pleno celebrado sete meses atrás.

A edil engadiu que no resto das parroquias están tamén a traballar na constitución destes órganos consultivos. Unha explicación que a concelleira aportou en contestación ás críticas emitidas dende o BNG, cuxa voceira lembraba no pleno de onte que sete meses despois de que se acordase a creación destes órganos consultivos nas parroquias de Ventosela, Cedeira, Vilar, Cabeiro, Negros, Trasmañó, Cesantes, Quintela e Saxamonde, a estas alturas todos eles estaban inactivos. Unha inactividade que segundo a nacionalistas Cecilia Pérez Orge responde a que non se tivo contacto previo coas asociacións veciñais e acusou á responsable de participación de anunciar a súa creación de xeito precipitado “para poder ter un titular na prensa”. Erminda Quelle asegurou que si se produciran eses contactos previos e aproveitou para criticar a concelleira do BNG que segundo dixo “en todos os seus anos de goberno non foi quen de crear máis de tres Consellos Parroquiais”.  

Cecilia Perez Orge BNG
A nacionalista critica o atraso na constitución dos Consellos parroquiais
Erminda Quelle Participación Cidadá
A edil asegura que houbo contactos previos e que en breve se crearán todos os concellos previstos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará