Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local manexa un anteproxecto de recuperación da caseta de Fenosa na Xunqueira

RR_Noticias

Todos os grupos presentes na corporación municipal amosaron o seu apoio a moción presentada por AER na que solicitaban que se recupere o edificio de Fenosa para uso dos veciños. De feito, o voceiro do PP, Alberto Pazos, asegurou que o seu grupo está a negociar coa empresa eléctrica para obter a cesión dos terreos.

Con todo, faltaría por definir o futuro uso do solar e do propio edificio, xa que as alternativas pasan ben por derrubar o inmoble, actualmente en estado ruinoso, e converter o solar nun parque público, ou ben rehabilitar o edificio e convertelo en centro social.
A Agrupación de Electores facía esta petición atendendo ao estado ruinoso no que se atopa o edificio “con desperfectos no tellado e o conseguinte perigo de que as tellas se desprendan e impacten contra os viandantes” así como con fiestras rotas e outros signos que evidencian o estado de abandono do inmoble.
Non houbo debate ao respecto e tanto  PSOE como BNG amosaron a súa conformidade a que o lugar se recupere realizando as oportunas negociacións coa empresa propietaria. O voceiro do goberno, o popular Alberto Pazos amosou tamén o seu apoio a moción e asegurou que xa están a traballar nese sentido. A proposta inicial do goberno, xa recollida nun anteproxecto, pasaría por derrubar o edificio e crear unha zona axardinada no lugar pero engadiu que todo dependerá do acordo que se acade con FENOSA e non desbotou a posibilidade de conservar o inmoble
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará