Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta construirá beirarrúas en Pazos de Borbén

RR_Noticias

As obras afectarán ás parroquias de Amoedo, Pazos, Xunqueiras e Moscoso e están orzamentadas en 127.440 euros. A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, anunciou a licitación dos traballos que teñen un prazo de execución de 3 meses.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, trasladoulle ao alcalde de Pazos, Andrés Iglesias, da licitación das obras de construción de beiravías
que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vai a acometer nos núcleos de Xunqueiras, Moscoso, Pazos e Amoedo, todos eles pertencentes ao Concello de Pazos de Borbén.
Esta actuación beneficiará a preto de 3.200 veciños e veciñas do municipio de Pazos e
supón un investimento de 127.440 euros.
Segundo explicou Bravo Bosch, o aumento de poboación nos núcleos sinalados xustifica a construción de beirarrúas en zonas onde antes non eran necesarias co fin de resolver os problemas de tráfico peonil. Así, o presente proxecto describe as obras necesarias para a construción de beiravías así como as súas correspondentes canalizacións de pluviais sen alterar en absoluto o trazado nin o perfil dos viais existentes.
As beirarrúas dotaranse de pasos rebaixados para o uso de minusválidos e calquera outro carriño de manual de uso habitual (carritos de compra ou de bebés). Ao mesmo tempo procederase a anular as gabias de augas pluviais existentes repoñéndose a recollida de augas con un sistema de tubería de formigón e os seus correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros.
As obras realizaranse sen necesidade de ocupación de terreos de titularidade privada, sempre se actuará en terreos de dominio público.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará