Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A infancia é a protagonista do último número da revista A voz de Lenda

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle a presentación do traballo, no que participaron unha trintena de persoas. Reflexións, poemas, debuxos, artigos sobre educación infantil e outros contidos encádranse nesta revista, que conta cunha morea de fotos antigas dos “nenos” que a fan posible. A presentación será ás 20.00 horas e contará coa actuación da Banda Infantil do Conservatorio Víctor Ureña.

Unha vez máis, e van xa 29, chega o último número da revista “A voz de Lenda”, nesta ocasión dedicada á infancia. Un intenso traballo da Asociación de Axuda ó Enfermo Psíquico Lenda, na que participaron unha trintena de persoas. Jaime Figueroa, monitor de Lenda, agarda que o público goce desta publicación, na que poderán atopar poesías, reflexións persoais sobre a infancia, informes sobre educación infantil, relatos, debuxos e moitas fotografías. Os nenos que aparecen nas imaxes da revista son os propios membros da asociación “algúns anos atrás”. Un concerto didáctico da Banda Infantil do Conservatorio Víctor Ureña servirá para poñer música a esta presentación. Figueroa explica que, ao estar dedicado este número da revista á infancia, decidiron que foran os nenos tamén “os protagonistas do acto”, cunha actuación “lúdica e participativa”. Asociación Lendo Lenda A asociación cultural Lendo Lenda, de recente creación, é a encargada de organizar o acto deste venres. O colectivo, que naceu ó abeiro de Lenda, pretende ser un axente máis de dinamización social e cultural. En Lendo Lenda poden participar todas as persoas que o desexen, e teñen previsto organizar charlas, actividades relacionados coa literatura, exposicións e mesmo rutas a pé. Jose Luis Ezama, presidente do colectivo, anima “a todos aqueles que o desexen” a formar parte da asociación, e achegar as súas propostas e iniciativas. Este é o principal obxectivo de Lenda, integrarse na sociedade como un colectivo máis. Para Jaime Figueroa o importante é que a asociación “teña a súa propia voz” e participe da vida pública, defendendo os seus dereitos.  

Jaime Figueroa monitor de Lenda
O monittor de Lenda fálanos do último número da revista.
Jose Luis Ezama presidente de Lendo Lenda
A asociación cultural convida a todos os cidadáns a participar nas súas actividades.
O obxectivo da integración
Figueroa salienta a necesidade de que Lenda teña voz propia dentro da sociedade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará