Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cesto de chocos con crocante de porro, elixido mellor proposta gastronómica na Ruta do Pincho

RR_Noticias

O primeiro premio, votado polos clientes dos locais de hostalaría da Asociación de Empresarios recoñeceron a proposta gastronómica elaborada polo Restaurante O Canastro. O segundo premio foi para a Viñoteca A Parra e o seu “Chourizo de chocos”.

Unha campaña de promoción gastronómica que se desenvolveu no noso municipio entre 27 de marzo e o 5 de abril e que deixou ademais tres gañadores entre os clientes dos locais de hostalaría participantes. Así o primeiro premio foi para Mª del Carmen García Alonso quen poderá gozar dunha fin de semana nun parador da comunidade. Mercedes Hernández García foi a gañadora do segundo premio consistente nun lote de produtos da adega Zuazo Gastón, mentres que Mª del Mar Méndez García foi agasallada cun botellón de Rioja.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará