Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE solicita semáforos para regular o tráfico no cruce do Salgueiral coa N-550

RR_Noticias

O grupo socialista advirte da preocupación dos veciños da zona ante o perigo que supón cruzar a N-550 a esa altura debido á alta densidade de tráfico que soporta esta estrada.
Por este motivo solicitan ao goberno local que xestione ante Fomento a instalación dun grupo semafórico que regule o tráfico nese cruce. Solicitan ademais a comparecencia do edil de tráfico, Arturo González, para que explique o motivo do atraso na presentación do Plan de Tráfico.

Asegura o Partido Socialistas que nos últimos tempos veñen recibindo queixas de numerosos veciños do Salgueiral polo perigo que supón cruzar a N-550 a esa altura, debido á alta densidade de tráfico que soporta a vía de comunicación.
Un perigo “constante para os peóns” por tratarse dunha estrada con tres carrís e dunha anchura importante, pero tamén para os vehículos pois se trata dunha estrada con dous carrís de entrada e un de saída o que dificulta enormemente a incorporación de vehículos que procedentes do Salgueiral queiran acceder a estrada en dirección a rotonda de Villavella, o que obriga aos condutores “a facer unha manobra con pouca visibilidade e perigosa”.
Lembra o PSOE que o anterior goberno xa realizou diferentes xestións para que se dotara a zona dun grupo semafórico o que se traduciu en que Fomento fixera as obras de preinstalación. Entenden que agora é tempo de que o novo goberno local continúe coas xestións de cara a instalación definitiva dos semáforos.
Plan de tráfico
Por outra banda, solicitan a comparecencia no pleno de hoxe do concelleiro de tráfico para que explique o estado no que se atopa o Plan de tráfico que segundo os primeiros anuncios do propio edil debería terse presentado a finais do 2011.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará