Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

José Sarmiento de Valladares, guía de excepción para coñecer a Ría de Vigo e San Simón

RR_Noticias

A iniciativa “Redondela sorprende” retoma en xuño as visitas guiadas a Illa de San Simón con saídas todas as fins de semana a partir do 9 de xuño e ata o 30 de setembro dende os peiraos de Cesantes, Chapela, Vigoe Cangas. Unha ruta por mar cuxo prezo oscilan entre os dez euros para menores de 12 anos e xubilados e os 12 euros que terán que pagar os adultos.  Uns prezos que permitirán aos visitantes percorrer en barco a enseada e visitar a Illa de San Simón.

O director da axencia de viaxes Loa e promotor da iniciativa, Luís Otero salienta a boa acollida que o programa “Redondela sorprende” está a ter entre os hostaleiros do concello, xa que un total de 38 establecementos de Redondela e Chapela acordaron sumarse a esta proposta que pretende converter o municipio “nun referente turístico e gastronómico”. Outra das novidades deste ano é a substitución das audioguías por actores, que serán os encargados de explicar aos visitantes o combate coñecido como a batalla de Rande así como mergullalos na historia de San Simón. No propio barco será o histórico personaxe José Sarmiento de Valladares y Arines quen relate aos pasaxeiros o acontecido na ría no ano 1702 e xa na Illa serán recibidos por dous monxes que se encargarán de narrar os avatares e momentos históricos vividos na Illa ao longo da historia. Luís Otero confía en superar o éxito das dúas edicións anteriores, incrementando sobre todo o público que se embarque en Cesantes e Chapela, puntos de recollida aos que hai que sumar as saídas dende Cangas e Vigo. A posta en valor do turismo redondelán pasa precisamente porque eses visitantes se animen a comer nalgún restaurante da zona e a continuación continúen a súa xornada coa visita a Illa.    

Luis Otero Viaxes LOA
O promotor da inciativa explica os obxectivos do proxecto
Apoio dos hostaleiros
Sumáronse 38 restaurantes
Actores-guía
Os actores serán os encargados de narrar ao visitantes o pasado histórico da enseada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará