Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Millo Verde ofrece unha ampla programación cultural e festiva con oito grupos de música

RR_Noticias

O bo tempo parece asegurado e iso fai que as perspectivas de público para a VI edición do Festival Alternativo Millo Verde sexan inmellorables. Así o entenden na organización que, malia os recortes orzamentarios, fai un esforzo por programar actividades para todos os públicos que inclúen en horario diúrno obradoiros infantís, feira de produtos ecolóxicos, espectáculos de maxia, artistas de rúa e citas deportivas. En horario nocturno o protagonismo será para os oito grupos de ámbito nacional e internacional que actuarán no anexo do Campo do Choco.

Redondela acolle o venres e sábado, dáis 1 e 2 de xullo, a VI edición do Festival MIllo Verde. Unha completa programación cultural e festiva que inclúe a actuación de oito grupos do ámbito nacional e internacional cun repertorio que abrangue praticamente todos os estilos. O primeiro dos concertos será o venres, xornada na que actuará a banda santiaguesa de trnasmetal Invivo, gañadora do concurso de maquetas, escoitarase o hip-hop galego de Díos Ke te Crew e subiranse tamén aos escenario os barceloneses Freak Fandango Orchestra e os zaragozanos Hillbilly Mongows, grupo que se encargará ademais de facer a presentación do Festival cunha actuación ás 22:00 horas o xoves na Alameda. O sábado o festival vólvese internacional cos franceses Kaophonic Tribu e a súa proposta de música electrónica, os galegos Terbutalina e Chotokoeu, e o sorprendente repertorio da banda chegada de Soutomaior Güintervan. Uns concertos completamente gratuítos a pesar das dificultades económicas polas que pasa o festival, cuxos organizadores pensaron incluso na posibilidade de cobrar unha pequena cantidade pola entrada, aínda que finalmente acordaron continuar ofrecendo todas as actividades de balde. E por suposto, ademais de música durante o día as actividades centraranse na Alameda con obradoiros para os cativos, artistas de rúa e música así como citas deportivas cun campionato de basket 3×3. Unha oferta cultural que se completará coa feira verde durante a mañá do sábado e a arte do grafitti, que congregará a numerosos artistas urbanos que achegarán en vivo as distintas técnicas desta expresión artística na tarde de venres e sábado. Toda a información está dispoñile no enderezo http://milloverde.blogaliza.org/

Ricardo Figueroa MIllo Verde
Un programa de actividades completamente gratuitas
Concertos do venres
A música será variada no anexo do Campo do Choco
Concertos do sábado
Música local e internacional na fin de semana
Actividades paralelas
Os nenos teñen tamén as súas propostas propias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará