Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE rexeita a desaparición do partido xudicial de Redondela

RR_Noticias

O grupo municipal socialista teme que a modificación do deseño das plantas xudiciais en España aprobada polo Consello Xeral do Poder Xudicial o pasado 19 de abril supoña a desaparición do partido xudicial de Redondela. Por este motivo, presentarán unha moción no pleno do xoves demandando o apoio do resto dos grupo para instar aos goberno de Xunta e Estado a que non se dea validez algunha a dita proposta.

Afirman os socialistas que o 19 de Abril pasado, o Consello Xeral do Poder Xudicial “aprobou un documento sen validez xurídica algunha”, no que propón a modificación do deseño das plantas xudiciais en España que no caso galego suporía unha drástica redución dos partidos xudiciais actualmente existentes, pasando de 45 partidos a 13. Esta modificación da planta xudicial, segundo dita proposta, suporá a desaparición do partido xudicial de Redondela, polo que os socialistas están totalmente en contra da proposta.
Engaden dende o PSOE que a proposta do CXPX ademais de non resultar rendible dado o momento de dificultades económicas que estamos a sufrir (pois suporía a creación da grandes sedes xudiciais nas 13 demarcacións que propón para Galicia), non se axusta as características xeográficas nin sociais do noso pais, onde existe unha gran dispersión poboacional, e suporá que os cidadáns se teñan que desprazar a sedes xudiciais afastadas, coas correspondentes dificultades de mobilidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará