Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O menú anti crise triunfa no Viso

RR_Noticias

Case un cento de persoas se apuntaron á oferta da tapería Bo Xantar, que por 2 euros ofrecía o pasado venres un menú a base de paella mixta e pan, e coas bebidas a metade de prezo. Daniel Couñago, propietario do local, puxo en marcha a iniciativa para “axudar á xente nestes tempos de crise, con tanto paro”. Logo do éxito da primeira xornada xa están a preparar o próximo menú anti crise, será o 15 de xuño, cunha caldeirada de peixe ao mesmo prezo de 2 euros por persoa.

A proposta foi moi ben acollida entre os clientes, tanto os habituais, que aproveitaron a ocasión de xantar a un prezo máis reducido, como aqueles que se achegaron por primeira vez ó local baixo o reclamo da oferta. Traballadores, parados, xubilados, e mesmo familias enteiras aproveitaron a ocasión de xantar fóra da casa a un prezo máis reducido. É o caso de Angela, que acudiu con toda a súa familia e valoraron moi ben a iniciativa “cunha paella moi rica e o servizo moi bo, polo que prometen repetir. Para Arturo e Ángeles, unha parella que acudiu ó local cun grupo de compañeiros, a oferta está “moi ben”, porque facendo contas “sae máis barato que comer na casa”. Tamén salientaron esta “boa idea” un grupo de amigos, Telmo, Félix e Basilio, que son clientes habituais do local e que aproveitaron para xantar por un prezo “moi económico”. Son pensionistas, e recoñecen que tal e como están as cousas, estas iniciativas “son de agradecer”. Mesmo animaban a outros establecementos e empresas a sumarse a estas iniciativas solidarias. Tanto Daniel, o propietario do Bo Xantar, como a cociñeira, Macarena, recoñecen que hai que facer “moitos números” para poder ofrecer este prezo ós clientes, e con produtos de máxima calidade. Pero contan co apoio de empresas e provedores que colaboran, como a adega Zuazo Gastón, a panadería Figueirido e a distribuidora de cervexa San Miguel. Tamén os empregados do local como José, Iván, Luz e Manuel se suman á causa solidaria, xa que traballan de balde ese día.    

Daniel Couñago propietario
Con esta iniciativa queren axudar á sociedade nestes tempos de crise.
Ángela cliente
Gozou con toda a familia dun bo menú a baixo prezo.
Arturo
Xunto con Ángeles e outros amigos destaca que sae máis barato que comer na casa.
Telmo pensionista
Aplaude a iniciativa e anima a outros locais a imitala.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará