Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O economista Xavier Vence analiza en Redondela a crise neoliberal

RR_Noticias

Autor de títulos como “Crise e radicalización neoliberal”, Xavier Vence analizará na charla que esta tarde ás 20:00 horas se vai desenvolver no Multiusos da Xunqueira as causas da prolongada crise na economía e presentará unha serie de propostas para unha saída sostible da situación actual.

Xavier Vence será o encargado de impartir a charla “Crise neoliberal e alternativas desde Galiza. A banca pública galega” que organiza esta tarde a Asociación cultural Alén Nós. O escritor e economista fará un percorrido polas causas da prolongada crise da economía neoliberal así como polas políticas implementadas nos últimos anos nun intento de dar resposta a situación actual sen que polo de agora se teñan demostrado eficientes. De feito, Vence é especialmente crítico con todos os recortes decretados polos gobernos galego, estatal e europeo que ao seu entender “responden exclusivamente á necesidade de encher un burato nas entidade bancarias e que ata o de agora ascendeu a 150.000 millóns de euros, e dicir, un 15% do PIB”. Na charla de hoxe falarase ademais da alternativa nacionalista de creación dunha banca pública galega como piar esencial desa nova estratexia. Vence aposta concretamente pola nacionalización definitiva da banca que está a atravesar problemas para que se converta nun sector financeiro público que garanta o crédito á economía produtiva. A charla terá lugar na aula 12 do Multiusos ás 20:00 horas.  

Xavier Vence economista
Críticas ao modelo financeiro que existiu no periodo pre-crise
Recortes para pagar o burato banario
En total xa se investiron 150.000 millóns de euros
Banca nacionalizada
O futuro debe pasar por un sector financeiro público

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará