Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide explicacións pola non constitución dos Consello Parroquiais

RR_Noticias

O grupo municipal do BNG solicitará no pleno do vindeiro xoves a comparecencia da Concelleira de Participación Cidadá para que explique porque non se constituíron os consellos parroquiais nas parroquias de Ventosela, Cedeira, Vilar, Cabeiro, Negros, Trasmañó, Cesantes, Quintela e Saxamonde, sete meses despois de que así o acordase o pleno.
 

Lembra o BNG que no pleno do 27 de outubro do 2011 se aprobou a creación dos concellos parroquiais nestas nove parroquias, pero que sete meses despois estes seguen sen se constituír. Por este motivo solicitan a comparecencia da edil responsable de Participación Cidadá, Erminda Quelle, para que explique os motivos polos que este acordo non se levou á práctica.
Os nacionalistas presentarán tamén no pleno ordinario de maio unha moción na que solicitan o apoio do resto dos grupos para instar á Xunta a que non cumpra coas medidas do goberno central en materia educativa. Entenden que aplicar estas medidas suporá reducir o profesorado dos centros, incrementar o número de alumnado por aula o que suporá a súa masificación, reagrupar ao alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducir a oferta educativa.
Todas estas medidas dificultan, a xuizo da formación política, o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, van contra a calidade do ensino e significan maior fracaso escolar.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará