Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER solicita que se recupere o edificio de Fenosa para uso dos veciños

RR_Noticias

A Agrupación de Electores solicita ao goberno local que realice as xestións oportunas para converter o edificio de Fenosa que se atopa no Paseo da Xunqueira nunha zona verde ou de equipamento para uso dos veciños atendendo sobre todo ao estado ruinoso no que este inmoble se atopa. AER solicita a comparecencia do alcalde para que dea explicación sobre a situación da cementeira de Vilar.

O concelleiro de AER, Jorge Varela, fará chegar esta demanda ao goberno local a través dunha moción que se debaterá no pleno do vindeiro xoves. Entende esta formación que o estado ruinoso no que se atopa o edificio “con desperfectos no tellado e o conseguinte perigo de que as tellas se desprendan e impacten contra os viandantes” así como as fiestras rotas e outros signos que evidencian o estado de abandono do inmoble fan necesaria unha actuación por parte da administración local… Engaden que atendendo á ubicación estratéxica na que se atopa o edificio, no paseo da Xunqueira, converten ao inmoble nun lugar axeitado para uso dos veciños. Outra opción será converter o solar en zona verde e de esparexemento.
Cementeira de Vilar
Por outra banda, eta formación solicita a comparecencia do alcalde Javier Bas, para que dea explicacións sobre a situación actual da cementeira de Vilar, unha empresa cuxa actividade foi denunciada en reiteradas ocasións por un veciño da zona, José Manuel Crespo. De feito, ten varias resolucións xudiciais que lle dan a razón. Malia todo e aínda que os precintos policiais sucédense periodicamente por mandato da alcaldía, a empresa procede á retirada dos precintos e continúa a traballar con normalidade.
Por este motivo, AER pregúntalle ao rexedor local entre outras cuestións por qué non se executa a sentenza firme de protección dos dereitos fundamentais e se lle foi imposta a Hormigones Vigo algunha multa por vertidos, por emisión de pó 20 veces por encima do permitido ou pola rotura reiterada de precintos
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará