Hoxe é Xoves 13 de Xuño de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Mos sospeitoso de dedicarse ao “vampirismo de gasóleo”

RR_Noticias

A detención produciuse a 1:30 da madrugada de hoxe na praza de Ribadavia. O mozo, de 24 anos de idade, está acusado dun quebrantamento de condea xa que ía ao volante dun BMW malia ter retirado o permiso de conducir ata novembro deste ano e é sospeitoso de dedicarse ao roubo de carburante de vehículos.

Os feitos producíronse a unha e media da madrugada de hoxe cando o mozo foi detido nun control conxunto da Policía Nacional e Local que se estaba a desenvolver na Praza de Rivadavia. Os axentes procederon a identificar ao condutor do BMW e logo de consultar os datos na oficina de tráfico atopáronse con que o mozo Luis Daniel S. C., de 24 anos de idade e veciño de Mos, tiña suspendido o permiso de conducir por orde xudicial ata o 25 de novembro deste ano.
No momento da detención atopouse no maleteiro do vehículo sete garrafas de plástico de 25 litros cada unha e unha goma de 1’50 metros de lonxitude, polo que se sospeita que o detido puidese dedicarse ao “vampirismo de gasóleo”, modalidade de roubo consistente en subtraer directamente cunha goma o combustible do interior do depósito dos vehículos.
O detido pasou a disposición xudicial acusado dun delito de quebrantamento de condena.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará